Gastronomia de Galicia 

Coñecer e harmonizar

 

<< volver

Doces de Entroido


O Entroido é tempo de diversión, a festa pagá en Galicia que precede á Coresma.

 

 
Rosquillas de Entroido

 

Tempo de tradicións e de sentarse á mesa a comer! Ao  longo e ancho de toda Galicia, non hai  aldea, pobo ou cidade, que se quede sen celebrar esta festividade. Cigarróns, peliqueiros, pantallas, máscaras ou xenerais son algunhas das personaxes fundamentais destes días de xolda e desenfreo.

Nesta época na que todo está permitido, é bo recuperar forzas cas comidas típicas que nos ofrece a nosa terra. Ós xantares compostos de abundantes cocidos feitos con lacón, chourizos, cachucha, orella, androlla, grelos, patacas, garavanzos, etc.., non lles poden faltar os doces típicos do Entroido.

As filloas, as orellas, as flores, a bica, as rosquillas... están presentes nas nosas mesas, dispostas a adozarnos ó día e a darnos enerxía por moita que sexa a troula que lle metamos ao corpo!

Ingredientes  básicos como a auga, a fariña, os ovos, o sal, un anaco de touciño no caso das filloas, o aceite de oliva ou manteiga de vaca noutros, temos case a fórmula perfecta para a elaboración destes manxares galegos...

Iso si, a maña de cada un non se aprende en ningún libro de repostaría!