Gastronomia de Galicia 

Protagonistas

 

<< volver

Carnaval Gastronómico

 

Se a boa mesa é un dos sinais de identidade de Galicia, o Entroido non o é menos. Por iso cando se unen, Entroido e gastronomía forman unha parella irresistible que dá as mellores festas do ano.

A cocina tradicional do Entroido galego xira en torno aos atractivos do porco. Despois da matanza en novembro e dun par de meses de curación, as chacinas alcanzan o seu punto óptimo coincidindo co Entroido. É o momento de levar á mesa o mellor da casa: lacón, androlla, chourizo, orella, cacheira (ou cachucha), botelo... Todo ben acompañado de patacas, grelos, garavanzos, galiña...

 

 
Carnaval Gastronómico - Turismo de Galicia

 

Para os máis larpeiros, o Entroido sabe a gloria. Un non sabe por onde comezar: filloas doces ou salgadas, soas ou cun toque de mel, chocolate, castañas... Tamén, orellas, flores, bica... E imprescindibles, uns bos groliños de xastré e de licor café. Que non falte nada! En Galicia a abundancia é unha norma de cortesía.

Se ben é certo que do porco se aproveita todo, en Galicia ademais festéxase todo: hai Festa do Botelo, Festa da Androlla, Festa da Cachucha ou Festa do Lacón con Grelos. En moitos lugares, estas festas gastronómicas multitudinarias son a grande atracción do Entroido; celebracións nas que non faltan degustacións gratuítas, banquetes, showcooking, música, baile, comparsas e moita, moita diversión.

 

 
Descarga aquí toda a información do Entroido Gastronómico en Galicia / Documento PDF (6232 KB)

entroido-gastronomico_512.pdf