Gastronomia de Galicia 

Coñecer e harmonizar

 

<< volver

Mel de Galicia

O patrimonio etnográfico de Galicia conserva testemuñas da importanciada apicultura no noso territorio.



   
   
 
Mel de Galicia
O patrimonio etnográfico de Galicia conserva testemuñas da importancia da apicultura no noso territorio. É o caso de construcións tradicionais como as alvarizas ou colmeas como os trobos e cortizos. O produto alimenticio máis importante da apicultura galega é o mel, amparado pola I.X.P. Mel de Galicia.
 
Mel de Galicia
 
A zona de produción, elaboración e envasado do mel amparado pola Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. É o mel un produto intimamente ligado ao territorio no que se obtén.
 
Este mel procede de colmeas móbiles e obtense por decantación ou centrifugación. O mel preséntase ao consumidor en estado líquido ou sólido (cristalizado ou cremoso) conservando todas as súas propiedades naturais.