Gastronomia de Galicia 

Protagonistas

 

<< volver

Moluscos

Os moluscos son animais invertebrados mariños que se clasifican en función das súas características morfolóxicas. Todos eles teñen en común un corpo brando que pode estar cuberto (cunha ou dúas cunchas) ou poden non o estar. Identifícanse tres grupos: bivalvos -dúas cunchas- (mexillón, vieira, ostra...), univalvos ou gasterópodos -unha cuncha- (como o caracol), e cefalópodos -sen cuncha- (polbo, lura, sepia...).

   

 
Mexillón Grande

  

Dende un punto de vista comercial identifícanse tres grandes grupos:

  • Moluscos bivalvos

Ameixa, berberecho, zamburiña, mexillón, navalla, ostra e vieira.

  • Moluscos univalvos ou gasterópodos

Lapa, bígaro, cañailla e busano.

  • Moluscos cefalópodos

Lura, polbo, choupa e choco/xiba.



MOLUSCOS BIVALVOS

Nos moluscos bivalvos o seu corpo está protexido por dúas valvas que se unen mediante unha especie de bisagra chamada gonzo. A cor e o olor destes animais son característicos en función da especie. Conteñen un líquido intervalvar que ha de ser claro e con olor a mar. Comercialízanse vivos, coas valvas pechadas, tamén se presentan conxelados, con ou sen as valvas, e en conserva.