Gastronomia de Galicia 

Protagonistas

 

<< volver

Turismo de Galicia: Outono Gastronómico


¿Que é o outono Gastronómico?

Chegando o décimo terceiro Outono gastronómico e tentando eludir a superstición, entre o 13 de setembro e o 15 de decembro de 2019* as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu "13º Outono gastronómico", patrocinado pola Xunta de Galicia.

 

 


E por ser precisamente unha edición especial, queremos agasallarte cun plus... o "Outono Plus" co que, como complemento, poderás realizar actividades desde os establecementos de turismo rural participantes como paseos a cabalo, rutas de sendeirismo, visitas a adegas co catas de viño, termalismo... Cada unha das casas rurais ofrecerá dous menús distintos, exclusivamente concibidos para esta ocasión.

Nesta guía podes consultar todos os aloxamentos incluídos na promoción, cos menús e modalidades propostos por cada un deles. Ademais do "Menú Outono Gastronómico" tamén tes a posibilidade de adquirir o "Paquete Outono Gastronómico" -que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e durmir na casa de turismo rural elixida-, ou gozar da oferta completa coa "Fin de Semana Outono Gastronómico". E se queres compartir coa familia a fin de semana, podes apuntarte á oferta "Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico" (l ou 2 nen@s).

* (Ofertas válidas en venres, sábados e domingos, agás as fns de semana do 11 ao 13 de outubro, do 1 ao 3 de novembro e do 6 ao 8 de decembro).

   

Máis Información en www.turismo.gal