Gastronomia de Galicia 

Viños da Terra

Viños da Terra
 

<< volver

Elaboración e etiquetaxe

Técnicas de elaboración:

Os viños baixo a Indicación Xeográfica Viños da Terra elabóranse combinando técnicas tradicionais coa moderna tecnoloxía para conseguir viños de calidade.
Os máximos de producción para cada unha das Indicacións Xeográficas son as seguintes:

- I.X.P. Barbanza e Iría:

  • Variedades Brancas: 10.000 kg/ha
  • Variedades Tintas: 8.000 kg/ha

- I.X.P. Valdomiño e Ourense:

  • Variedades Brancas: 10.000 kg/ha
  • Variedades Tintas: 10.000 kg/ha

 - I.X.P. Betanzos:

  • Variedades Brancas recomendadas: 11.000 kg/ha
  • Variedades Tintas recomendadas: 10.000 kg/ha 
  • Resto Variedades: 11.500 kg/ha

Etiquetaxe:

Nas etiquetas comerciais débense incluír, ademais das mencións obrigatorias que correspondan, a lenda "Viño da Terra de Barbanza e Iria", ou "Viño da Terra de Betanzos" ou "Viño da Terra Val do Miño", segundo a zona de produción, na súa versión en galego ou en castelán.

sumario

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía