Gastronomia de Galicia 

Viños da Terra

Viños da Terra
 

<< volver

Comarcas

Zona de produción

Denominación de Orixe Barbanza e Iria.

A área de produción que se pode acoller á denominación Viño da Terra de Barbanza e Iria está constituída polos terreos aptos para a produción de uva dos concellos de Boiro, Catoira, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira e Valga, así como polas parroquias de Camboño, Fruíme e Tállara, do municipio de Lousame; as parroquias de Iria Flavia e Padrón, do concello de Padrón; e as parroquias de Baroña, Caamaño, Queiruga, Ribasieira, San Pedro de Muro e Xuño, do concello de Porto do Son.

 

 

Denominación de Orixe Betanzos.

Pódense acoller a esta denominación os viños de mesa producidos, elaborados e embotellados na comarca vitivinícola de Betanzos, que se compón dos concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, e de determinadas parroquias dos concellos de Abegondo, Oza dos Ríos e Sada.

 

Denominación de Orixe Val do Miño-Ourense.

A área de produción que se pode acoller á denominación Viño da Terra Val do Miño-Ourense está formada pola maioría das parroquias dos concellos de A Peroxa, do Pereiro de Aguiar, Coles, Ourense, Barbadás, San Cibrao das Viñas, Toén, Amoeiro, Cartelle, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Padrenda, Pontedeva e Quintelo de Leirado. Quedan excluídas as que superan a cota dos 350 m e aquelas que pertencen á Denominación de Orixe Ribeiro.

 
 
Tipos e características:
 
Denominación de Orixe Barbanza e Iria.
 
Os viños terán que ser elaborados con uvas das seguintes variedades:
  • Brancas: Albariño, Caíño branco, Godello, Loureiro branco ou marqués, Treixadura, Torrontés, Albarín branco e Chenín Branco (Agudelo).
  • Tintas: Brancellao, Caíño tinto, Espadeiro, Loureiro tinto, Mencía e Sousón.

Denominación de Orixe Betanzos.
 
Os viños terán que ser elaborados cun mínimo do 60 % de uvas das seguintes variedades consideradas como recomendadas:
  • Brancas: Godello, Branco lexitimo e Agudelo.
  • Tintas: Mencía, Brancellao e Merenzao.
 
A porcentaxe restante será necesariamente de uva das seguintes variedades, consideradas como autorizadas:
  • Brancas: Palomino.
  • Tintas: Gran Negro e Garnacha tintureira.

Denominación de Orixe Val do Miño-Ourense.
 
Os viños terán que ser elaborados cun mínimo do 60 % de uvas das seguintes variedades consideradas como recomendadas:
  • Brancas: Treixadura, Torrontés, Godello, Albariño e Loureira.
  • Tintas: Mencía, Brancellao, Mouratón, Sousón, Caíño bravo, Caíño longo y Caíño tinto.
 
A porcentaxe restante será necesariamente de uva das seguintes variedades, consideradas como autorizadas:
  • Brancas: Palomino (Xerez).
  • Tintas: Alicante (Garnacha).

sumario

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía