Gastronomia de Galicia 

Ribeira Sacra

 

<< volver

Elaboración e etiquetaxe

Técnicas de elaboración:

Aplicaranse presións adecuadas para a extracción do mosto e do viño e a súa separación do bagazo, de forma que o rendemento non sexa superior a 67 litros de mosto ou viño por cada 100 quilogramos de uva.

Co fin de corrixir as características dos mostos ou viños de determinada colleita, permitirase a súa mestura coa anada anterior ata un 15%.

En anos excepcionais, tras informe da calidade do produto, poderase autorizar a mestura de dúas colleitas anteriores, co mesmo límite do 15 %.

Etiquetaxe:

O Consello Regulador, superados os severos controis, outórgalles aos viños as contraetiquetas de garantía, que serán colocadas sempre de forma que non permitan unha segunda utilización.

Usos culinarios:

Os brancos son axeitados para acompañar calquera marisco ou peixe.

Os tintos son ideais coa caza e calquera tipo de carnes, tanto encarnadas coma brancas.