Gastronomia de Galicia 

Ribeira Sacra

 

<< volver

Cata

Hai brancos e tintos, pero os máis representativos son os tintos elaborados a base de Mencía.

  • Brancos: Hainos monovarietais de "Godello", saborosos e con certa potencia, e de "Albariño", máis frescos, lixeiros e aromáticos. Hai tamén viños brancos de mesturas de variedades autóctonas de cor amarelo intenso e aroma herbáceo.
  • Tintos: Deliciosos viños de uva "Mencía", de abundante vestido vermello púrpura. Afroitados no nariz. Secos e tánicos na boca.
 

Características analíticas.

 
Tipos Grao alcohólico adquirido mínimo
Branco 11 % vol.
Tinto 11 % vol.
Tinto Barrica 12 % vol.
Branco Barrica 12 % vol.