Gastronomia de Galicia 

Monterrei

 

<< volver

Historia

En función dos datos obtidos pola gran cantidade de prensas, lagares escavados na rocha e vasillas de orixe romana, pódese afirmar que foron os romanos os que introduciron en Monterrei a nobre actividade do cultivo da vide.

Dende finais do século IX e seguintes, da man das ordes relixiosas, espállase o cultivo da vide por toda a comarca. Nesta época o viño é utilizado como tributo para lles pagar aos mosteiros e aos señores feudais.

Durante a Idade Media e gran parte da Moderna, Monterrei tivo grande influencia en aspectos económicos, políticos e culturais dentro de Galicia e España. Por este motivo, D. Federico Xusto Méndez, autor do libro Brotes de Raíces Históricas, afirmaba: "los vinos del valle de Monterrei, por su excelente calidad se codearon con los vinos de Oporto, llegando incluso su comercialización a distintas partes de América durante la época del V Conde de Monterrey, a quien el Rey Felipe II le concedió el titulo de virrey con el fin de gobernar las nuevas colonias españolas en América, comercializando así los vinos de Monterrei en esas regiones".