Gastronomia de Galicia 

Monterrei

 

<< volver

Elaboración e etiquetaxe

Técnicas de elaboración:

A densidade de plantación estará obrigatoriamente entre 3000 e 5000 cepas por hectárea como máximo.

A vendima débese realizar co maior esmero, e para a elaboración dos viños protexidos cómpre dedicar exclusivamente uva sa, co grao de madureza necesario, separando as uvas tintas das brancas.

A produción máxima admitida por hectárea será de:

  • 120 Qm por hectárea para as variedades brancas e tintas Albariño, Branca de Monterrei, Caíño branco, Loureira, Araúxa (Tempranillo), Caíño tinto e Sousón.

  • 110 Qm por hectárea para as variedades brancas Dona Branca, Godello e Treixadura.

  • 100 Qm por hectárea para as variedades tintas Mencía e Merenzao.