Gastronomia de Galicia 

Monterrei

 

<< volver

Comarcas e viños

Zona de produción:

A zona de produción dos viños protexidos pola denominación de orixe Monterrei está constituída polos terreos aptos para a produción de uvas das variedades desta Denominación de Orixe que se atopen situados nos termos municipais e lugares que compoñen as subzonas seguintes:

Subzona Val de Monterrei: as parroquias de Castrelo do Val, Pepín e Nocedo do Val do concello de Castrelo do Val; as parroquias de Albarellos, Infesta, Monterrei e Vilaza do concello de Monterrei; as parroquias de Oímbra, Rabal, e San Cibrao do concello de Oímbra, e as parroquias de Abedes, Cabreiroá, Feces de Abaixo, Feces de Cima, Mandín, Mourazos, Pazos, Queizás, A Rasela, Tamagos, Tamaguelos, Tintores, Verín e Vila Maior do Val do concello de Verín.

Subzona Ladeira de Monterrei: comprende o concello de Vilardevós, as parroquias de Gondulfes e Servoi do concello de Castrelo do Val; as parroquias das Chas, Bousés, Vidiferre e A Granxa do concello de Oímbra; as parroquias de Flariz, Medeiros, Estevesiños e Vences, do concello de Monterrei; a parroquia de Queirugás do concello de Verín; do concello de Riós as parroquias e lugares seguintes: a parroquia de Castrelo de Abaixo; da parroquia de Castrelo de Cima: os lugares de Castrelo de Cima, Covelas, O Mourisco, San Paio e A Veiga do Seixo; da parroquia de Fumaces: o lugar de Fumaces; da parroquia de Progo: os lugares de Progo e Pousada; da parroquia de Riós o lugar de Florderrei.

Tipos e características:

Os tipos de viños amparados pola denominación de orixe Monterrei son:

a) Branco Monterrei: elaborado cun mínimo do 60 % de uvas das variedades brancas Dona Branca, Godello e Treixadura, e o resto das variedades brancas Albariño, Branca de Monterrei, Caíño branco e Loureira.

Terán unha acidez volátil máxima de 0,75 gramos por litro, unha acidez total mínima de 4,5 gramos por litro de tartárico e un contido en sulfuroso non superior a 160 miligramos por litro.

b) Tinto Monterrei: elaborado cun mínimo do 60 % de uvas das variedades tintas Mencía e Merenzao, e o resto das variedades tintas Araúxa (Tempranillo), Caíño tinto e Sousón.

Terán unha acidez volátil máxima de 0,80 gramos por litro, unha acidez total mínima de 4,5 gramos por litro de tartárico e un contido en sulfuroso non superior a 150 miligramos por litro.

Os viños con dereito ás indicacións "Barrica", "Crianza", "Reserva" e "Gran Reserva" terán unha acidez volátil máxima de 1 gramo por litro ata 10 % vol. e 0,06 gramos por litro por cada grao de alcol que exceda de 10 % vol., unha acidez total mínima de 4,5 gramos por litro de tartárico e un contido en sulfuroso non superior a 160 miligramos por litro.