Gastronomia de Galicia 

Rías Baixas

 

<< volver

Rutas e historia

Rutas:

Na actualidade, a Ruta do Viño Rías Baixas está integrada por cinco itinerarios, catro dentro da subzona do Salnés e un no Rosal.

A Ruta do Viño Rías Baixas sitúase nun marco incomparable. Na súa viaxe, o visitante pode gozar ademais das súas excepcionais praias, da natureza, das marismas, das contornas rurais, das zonas de viñedo, dos viños e doutros produtos agroalimentarios de calidade, así como do seu importante e rico patrimonio cultural e histórico.

No verán tamén se pode gozar dun número considerable de festas vinculadas á cultura do viño, entre as que destaca a Festa do viño Albariño de Cambados e a Festa do viño do Rosal.

En calquera recuncho da Ruta do Viño Rías Baixas queda patente o seu importante pasado histórico: gran variedade e número de antigas casas señoriais e impresionantes xardíns, así como a súa forte vinculación ao mundo vitivinícola.

Historia:

A historia da Denominación de Orixe Rías Baixas comeza en 1980, cando se recolle no BOE do 11 de outubro a Denominación Específica Albariño.

Catro anos máis tarde, o 30 de abril, apróbase o Regulamento da Denominación Específica Albariño e do seu Consello Regulador.

Na súa curta historia, o sector da Denominación de Orixe Rías Baixas soubo evolucionar de forma ordenada e con criterio. Así, nun período comprendido entre os anos 1987 e 2001, pasou de 492 viticultores a 5059, de 14 a 161 adegas e dunha superficie de viñedo de 237 hectáreas a outra de 2408.

Esa evolución tamén se reflicte na ampliación das zonas. En 1988 a Denominación de Orixe Rías Baixas constaba de 3 subzonas perfectamente individualizadas na provincia de Pontevedra: Val do Salnés, Condado do Tea e O Rosal. En outubro de 1996 incorpórase Soutomaior e en maio de 2000 amplíase á Ribeira do Ulla.

sumario

relacionados

festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía