Gastronomia de Galicia 

Rías Baixas

 

<< volver

Cata

Os Brancos da Denominación de Orixe Rías Baixas son uns viños secos, de aromas punzantes, florais e intensamente afroitados, cun retrogusto moi fino e prolongado.

Os viños monovarietais do tipo "Albariño" presentan unha cor amarelo-palla, brillante, con irisacións douradas e verdes. No nariz posúen aromas florais e froiteiros finos e distinguidos, que impresionan agradablemente, de intensidade media e potente duración medio-longa. Na boca son frescos e suaves, con suficiente corpo e grao alcohólico, acidez equilibrada, harmoniosos e de amplos matices. O seu retrogusto é pracenteiro, elegante e completo.

Os viños de tipo "Rosal" e "Condado do Tea" están personalizados, xa que levan na súa composición as variedades "Loureira" e "Treixadura", respectivamente. Son viños de aromas intensos e lixeira acidez, plenos na boca, agradables e atractivos.

 

 

Características analíticas.

 
Tipos Grao alcohólico adquirido mínimo
Rías Baixas Albariño 11,30 % vol.
Rías Baixas Barrica 11,50 % vol.
Resto de Brancos 11,00 % vol.
Rías Baixas Tintos 10,00 % vol.
Rías Baixas Espumoso 10,00 % vol.

sumario

relacionados

festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía