Gastronomia de Galicia 

Valdeorras

 

<< volver

Historia

Algúns estudos arqueolóxicos sinalan que puido ser Lucio Pompeio Reburro quen plantou a primeira cepa en Valdeorras.

Tras a unificación político-relixiosa da Península Ibérica, chegou un período de paz e esplendor. É nesa época cando aparece a primeira noticia escrita referida á existencia de viñas en Valdeorras. O documento data do 19 de outubro do ano 940.

O século XVII empeza cun feito de transcendencia: o inicio da construción, en 1624, do santuario da Nosa Señora das Ermidas. Este templo sobre as ladeiras do val do río Bibei, unha das mostras máis fermosas de arte barroca da Galicia rural, xogou un papel importante como foco de atracción e guía espiritual de todos os valdeorreses. O viño era indispensable na economía deste santuario, onde se contaban máis de 200 terreos dedicados ao seu labor.

A finais do século XIX, a Revolución Industrial e o avance nas comunicacións trouxeron o ferrocarril: o 1 de setembro de 1883 abríase a liña Palencia-A Coruña por Valdeorras. Sopraron así ventos favorables tamén para o cultivo da vide e para a conxunción de variedades autóctonas e técnicas adecuadas; xurdía un viño de calidade alta e carácter forte.

En 1882, a filoxera invadiu os viñedos de Valdeorras. Aquela peste destruíu máis de 1000 hectáreas en poucos anos. Con todo, foi un ilustre valdeorrés chamado José Núñez quen descubriu o antídoto para exterminar a praga: arrincar as cepas infectadas e queimar toda substancia orgánica contaminada para logo replantar con enxertos de castes europeas sobre patróns de orixe americana. Tras un exhaustivo traballo, a comarca logrou recuperar a abundancia dos seus viñedos.