Gastronomia de Galicia 

Valdeorras

 

<< volver

Elaboración e etiquetaxe

Técnicas de elaboración:

Na produción do mosto séguense as prácticas tradicionais aplicadas coa tecnoloxía moderna, orientada á mellora da calidade do produto final. Aplícanse presións adecuadas para a extracción do mosto e do viño e a súa separación do bagazo, de tal xeito que o rendemento non sexa superior a 72 litros de viño por cada 100 quilogramos de uva.

Nos viños sometidos a crianza, esta terá duración mínima de dous anos naturais, cun mínimo de doce meses en barrica de carballo para os tintos e seis para os brancos.

Na elaboración de viños espumosos, o período de crianza en botella, incluída a segunda fermentación, deberá ter unha duración mínima de nove meses. No caso da elaboración dos viños doces, as uvas sométense a un secado por pasificación natural baixo cuberta cun mínimo de 90 días, cun rendemento máximo de 40 litros por cada 100 quilogramos de uva de produto finalizado.

Etiquetaxe:

Nas etiquetas dos viños embotellados, que deberán ser autorizadas polo Consello Regulador, figurará sempre de modo destacado a mención "Denominación de Orixe Valdeorras" en galego ou en castelán e, opcionalmente, o seu logotipo, ademais dos datos que, con carácter xeral, se determinan na lexislación vixente. Tamén figurarán as mencións relativas ás variedades de vide, ao ano de colleita e demais mencións facultativas, que se axustarán ao disposto na lexislación vixente que lles afecte.