Gastronomia de Galicia 

Valdeorras

 

<< volver

Cata

Do Godello obtéñense uns viños intensos en aromas froiteiros e florais, moi ben estruturados na boca. E do Mencía obtéñense uns tintos de cor púrpura, de elegantes aromas a froitas do bosque e unha suave carnosidade.

Os viños brancos teñen unha acidez lixeiramente elevada, con intensos aromas. Os tintos presentan unha coloración encarnado-cereixa e un aroma intenso que lembra a froitas silvestres, agradable no paso da boca. Estes brancos, con maior contido alcohólico que os outros viños galegos, acompañan perfectamente aos peixes cociñados en salsa ou á galega, e aos bivalvos coma as ostras, as ameixas e os berberechos.

Os tintos, sobre todo os Mencía, son excelentes para acompañar carnes de cabrito ou cordeiro, ademais de asados de carnes encarnadas.

 

 

Características analíticas.

 
Tipos Grao alcohólico adquirido mínimo
Valdeorras brancos 10,5 % vol.
Valdeorras Mencía 11,5 % vol.
Valdeorras Godello 11,5 % vol.
Variedades Nobles 11,5 % vol.
Crianza, Reserva e Gran Reserva 12,5 % vol.
Valdeorras Espumosos 11,0 % vol.
Valdeorras Tostado 13,0 % vol.