Gastronomia de Galicia 

Agricultura ecolóxica

Agricultura Ecolóxica de Galicia
 

<< volver

Orixe e Características

Orixe:

A zona xeográfica en que exerce o seu control o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma galega.

Características:

As producións susceptibles de seren protexidas como Agricultura Ecolóxica son a totalidade de producións agrícolas vexetais e animais, transformadas ou sen transformar, destinadas á alimentación humana ou á alimentación animal.

Nesta agricultura ecolóxica están incluídas tamén a acuicultura, a produción de algas e a apicultura.

Por produción vexetal enténdese a produción de produtos agrícolas vexetais, incluída a recolección de produtos vexetais silvestres con fins comerciais.

Por produción animal enténdese a produción de animais terrestres domésticos ou domesticados (incluídos os insectos).

Por seren produtos que se obteñen dunha agricultura na que non se empregan produtos químicos -polo tanto, a ausencia destes nos alimentos é total-, pódese dicir que posúen a máxima calidade nutritiva, sanitaria e organoléptica, ademais de que manteñen as súas propiedades alimenticias e de madurez durante máis tempo.

relacionados

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía