Gastronomia de Galicia 

Pemento de Oímbra

Pimiento de Oímbra
 

<< volver

Historia e curiosidades

O pemento é unha planta hortícola pertencente ao xénero Capsicum da familia das solanáceas, orixinaria de América do Sur. É, talvez, unha das plantas orixinarias de América que antes aceptaron os descubridores españois e, de feito, disque xa formaba parte da dieta da tripulación de Colón á volta da súa primeira viaxe.

Os pementos de Oímbra lévanse recollendo para produción propia dende tempos remotos, mais foi no ano 1997 cando un grupo de produtores decidiron crear a Cooperativa Lavandeira, dedicada á produción e á promoción deste característico pemento que lle dá sona a toda a zona.

Comezou a cultivarse no concello de Oímbra, con técnicas de produción moi arcaicas que pouco a pouco se foron perfeccionando ata representar hoxe en día un importante complemento das rendas proporcionadas polo sector vitivinícola.

sumario

festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía