Gastronomia de Galicia 

Pemento de Oímbra

Pimiento de Oímbra
 

<< volver

Orixe e produción

Temporada:

O período de comercialización en fresco está comprendido entre o 1 de xuño e o 15 de outubro, período que pode variar cando as circunstancias climáticas da temporada ou as características do produto así o aconsellan.

Orixe:

A área de produción do pemento amparado pola I.X.P. "Pemento de Oímbra" está constituída por toda a comarca ourensá de Verín, composta polos seguintes municipios: Oímbra, Verín, Castrelo do Val, Monterrei, Cualedro, Laza, Riós e Vilardevós.

A principal zona de produción do pemento de Oímbra correspóndese cun pequeno sector da veiga do río Támega situado ao redor desta vila que lle dá nome ao produto e que se estende polos interfluvios delimitados polas canles dos regatos de Aberta Nova e do Poutón.

sumario

festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía