Gastronomia de Galicia 

Grelos de Galicia

 

<< volver

Historia e curiosidades

Historia:

Os indicios máis antigos do cultivo das brasicáceas (verzas, coles, repolos e nabo) en Galicia datan aproximadamente do 3000 a. de C. En Prado de Inferno, que pertence á parroquia e concello de Muras, na provincia de Lugo, apareceron restos dun tipo de verza, Brassica (cf. Sinapis), como planta cultivada.

A incorporación do nabo á rotación de cultivo aparece documentada no século XIII a través de diversos documentos forais e outros de compravenda de fincas denominadas nabais. Así acabouse ocupando totalmente o terreo coa alternancia do tipo cereal de verán-nabo-cereal de inverno.

Durante o século XVI hai descricións da época que fan referencia ao cultivo, e nos expedientes de Facenda do Arquivo Xeral de Simancas ofrécense datos de producións. Na terra do Deza cultívanse entre 1580 e 1585 unha media de 4745 fanegas de trigo, 14 000 de centeo e 6100 de paínzo, á parte de 260 carros de nabos e uns feixes de liño.

Sumario

Relacionados

receitas

 

Información seleccionada por la Academia Galega de Gastronomía