Gastronomia de Galicia 

Pemento de Herbón

Pemento de Herbón, Pemento de Padrón
 

<< volver

Historia e curiosidades

O pemento é unha planta hortícola de orixe americana cultivada polos seus primeiros poboadores e coñecida en Europa dende a primeira viaxe de Colón.

Tras o descubrimento de América o pemento chegou a España e, polas súas especiais características, foi rapidamente utilizado como substitutivo da pementa, que naqueles tempos era un monopolio dos mercadores venecianos e tiña un prezo moi elevado.

O inicio do cultivo en Galicia asóciase ás sementes traídas polos monxes franciscanos ao convento de Herbón, localidade pertencente ao concello de Padrón, no século XVII.

En México, na rexión de Tabasco, o pemento de Padrón ten un parente moi próximo, polo que é neste país onde coinciden os historiadores en localizar a procedencia das sementes trasladadas a Herbón, así como o centro de domesticación da especie Capsicum annuum en xeral.

O pemento seco e moído comercializábase xa a finais do século XVIII. Na páxina 165 do libro Questas de vino de este convento, Frei Antonio Herosa escribiu: "Ningún otro producto de los que se cultivan en las feraces y bien cuidadas huertas herbonenses es tan abundante y caracteriza tanto su producción agrícola como sus famosos pimientos". Grazas a este memorial sabemos que xa no pasado o pemento constituía para os de Herbón unha fonte de ingresos. Esa comercialización, non obstante, non era a do produto fresco, como se fai hoxe, senón a do pemento seco e moído, para sazonar e conservar viandas.

Sumario

Relacionados

Festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía