Gastronomia de Galicia 

Pemento de Herbón

Pemento de Herbón, Pemento de Padrón
 

<< volver

Orixe e produción

Temporada:

O período de comercialización estará comprendido entre o 1 de maio e o 31 de outubro, pero poderá modificarse este período cando, en razón das circunstancias climáticas da temporada, as características do produto así o aconsellen.

Canto máis ao final da temporada se consuman, é máis doado que piquen, aínda que polo seu aspecto e aroma se pode distinguir se son picantes ou non.

Orixe:

A área de produción amparada pola Denominación de Orixe Protexida abrangue os seguintes concellos:

  • Na provincia da Coruña: Padrón, Dodro e Rois.
  • Na provincia de Pontevedra: Pontecesures e Valga.

Este área está constituída por un conxunto de vales delimitados polos ríos Ulla e Sar, protexidos por varias serras e a península do Barbanza, nos que se dan unhas condicións de clima (con escasas oscilacións nas temperaturas e baixo risco de xeadas) e solo (moi fértiles e con boa drenaxe) moi axeitadas para este cultivo.

Sumario

Relacionados

Festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía