Gastronomia de Galicia 

Pemento de Herbón

Pemento de Herbón, Pemento de Padrón
 

<< volver

Cómo recoñecelo e dimensións

Produción:

O viveiro ten unha grande importancia no éxito do cultivo do pemento. Tradicionalmente escóllense as mellores plantas como base de partida. O froito maduro sécase e del extráese a semente. Os viveiros prepáranse a finais do outono. Faise unha "cama quente" para favorecer a xerminación e cóbrense con túneles de lámina de plástico, que foron substituíndo as cubertas de palla utilizadas tradicionalmente.

Culminada a xerminación, o transplante ás parcelas de cultivo realízase a partir do mes de febreiro. A rega debe ser "ao pé", xa que doutra forma danaría a flor, ou tamén o froito. A fertilización estará orientada a manter o equilibrio e os niveis de nutrientes no solo e na planta.

A recolección iníciase a principios do mes de maio, prolongándose ata finais de outubro, aínda pode variarse en función da climatoloxía. Realízase de forma manual, con anterioridade á maduración do froito e no momento en que, a xuízo da experiencia dos agricultores, estean presentes as condicións idóneas para a súa comercialización.

Escólmanse as mellores plantas e as súas sementes serán sementadas posteriormente para asegurar a perduración do ecotipo.

Os pementos recollidos serán trasladados en remolques ou colectores ríxidos, evitando esmagalos, ata o almacén manipulador.

 

 
 

Calidade:

Unicamente os pementos que se cultiven de acordo coas condicións establecidas, nas plantacións e polos produtores inscritos no correspondente rexistro, poderán ser amparados pola I.X.P. "Pemento de Herbón".

Por parte do órgano de control hase levar, permanentemente actualizado, un rexistro de produtores e plantacións. Todas as persoas físicas ou xurídicas inscritas no rexistro, as plantacións, os almacéns, as industrias e os produtos estarán sometidos ás inspeccións e verificacións realizadas polo órgano de control co obxecto de comprobar que os produtos certificados cumpren cos requisitos de orixe e calidade.

Os pementos acollidos á I.X.P. serán sometidos a unha esmerada selección para a obtención dun produto de calidade superior, tras a que se presentarán: enteiros e firmes, coa forma, desenvolvemento e coloración normais, sans, exentos de manchas, limpos e exentos de materias estrañas visibles, provistos de pedúnculo e exentos de humidade exterior anormal.

Tanto na etiqueta comercial coma na etiqueta propia da indicación figurará obrigatoriamente a mención Indicación Xeográfica Protexida "Pemento de Herbón".

Presentacións:

A comercialización dos pementos amparados pola D.O.P. "Pemento de Herbón" será en lotes homoxéneos tocante á calidade, estado de madurez e coloración. A comercialización faráse en bolsas de 400 g. aproximadamente, aínda que se poden autorizar otras formas de comercialización.

Este pemento, polo seu aspecto e colorido, é moi parecido ao de Arnoia; de feito, se non se coñece a súa orixe, confúndense con facilidade.

Sumario

Relacionados

Festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía