Gastronomia de Galicia 

Castaña de Galicia

 

<< volver

Orixe e produción

Temporada:

Como a gran maioría dos seus familiares, os froitos secos, a castaña é un alimento tipicamente outonal. No entanto, grazas ás distintas formas de conservación, podémolas atopar en calquera época do ano.

Orixe:

O ámbito xeográfico da Indicación Xeográfica Protexida "Castaña de Galicia" comprende a área do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopa delimitada ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra de Xistral cara ao norte.

Así, dende o punto de vista administrativo, a zona de cultivo e recolección abarcará:

Provincia da Coruña: Comarca de Terra de Melide e os municipios de Arzúa e Boimorto (Comarca de Arzúa).

O conxunto da provincia de Lugo, quitados os municipios do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo (Comarca da Mariña Occidental), Burela e Foz (Comarca da Mariña Central) e Barreiros e Ribadeo (Comarca da Mariña Oriental).

A totalidade dos municipios da provincia de Ourense.

Provincia de Pontevedra: Comarcas de Tabeirós-Terra de Montes e Deza, os municipios de Cotobade, A Lama e Campo Lameiro (Comarca de Pontevedra) e o municipio de Cuntis (Comarca de Caldas).

A demarcación da devandita área de produción responde a unhas condicións pluviométricas, térmicas, ombrotérmicas, hipsométricas e de solos óptimas para o cultivo da castaña de calidade.

Sumario

relacionados

sobremesas típicas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía