Gastronomia de Galicia 

Castaña de Galicia

 

<< volver

De interese

Usos culinarios:

Aínda que a forma máis habitual de tomar as castañas é asándoas, o certo é que este alimento ofrece multitude de posibilidades gastronómicas, xa que combinan moi ben con legumes e froitas.

Crúas: é recomendable consumilas cando estean ben maduras para evitar unha dixestión difícil e os seus consecuentes problemas estomacais.

Asadas: é a maneira máis habitual de comelas. Antes de asalas é conveniente realizarlles un pequeno corte na pel para evitar que rebenten coa calor do forno ou do lume.

Cocidas: móndanse e férvense durante unha media hora en auga ou en leite. Un pouquiño de anís ou de canela axuda a darlles un toque moi especial.

Fariña de castaña: obtense moendo a castaña. É moi suave, ofrece unha textura moi fina e é apta para celíacos.

Confeitadas: este alimento é moi útil e úsase moito en repostería para elaborar tortas, flans e outros doces.

Outras modalidades: a castaña tamén serve para elaborar purés, recheos e guarnicións. Estes usos están moi estendidos nalgúns países de Europa.

 

 
Quilocalorías 185
Proteínas 3
Hidratos de carbono 40
Fibra 6,8
Colesterol 0

Sumario

relacionados

sobremesas típicas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía