Gastronomia de Galicia 

Mel de Galicia

 

<< volver

Características

As características particulares do mel amparado pola Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia" serán as seguintes:

Características físico-químicas:

Humidade: como máximo o 18,5 %. Actividade diastática: como mínimo 9 na escala de Schade. Son meles con baixo contido encimático, como mínimo de 4 na devandita escala, sempre que o contido en hidroximetilfurfural non exceda de 10 mg/kg.

Características meliso-palinolóxicas:

Con carácter xeral, o espectro polínico, considerado na súa totalidade, deberá corresponder ao propio dos meles de Galicia. En calquera caso, a combinación polínica Helianthus annuus-Olea europaea-Cistus ladanifer non superará o 5 % do espectro polínico total.

Ademais, segundo a orixe floral dos distintos tipos de meles citados, os espectros polínicos deberán cumprir os seguintes requisitos:

Mel multifloral:

O pole maioritariamente pertencerá a: Castanea sativa, Eucalyptus sp., Ericaceae, Rubus sp., Rosaceae, Cytisus sp-Ulex sp., Trifolium sp., Lotus sp., Campanula, Centaurea, Quercus sp., Echium sp., Taraxacum sp. e Brassica sp.

Meles monoflorais:

Mel de eucalipto: A porcentaxe mínima de pole de eucalipto (Eucalyptus sp.) será do 70 %.

Mel de castiñeiro: A porcentaxe mínima de pole de castiñeiro (Castanea sp.) será do 70 %.

Mel de silveira: A porcentaxe mínima de pole de silveira (Rubus sp.) será do 45 %.

Mel de breixo: A porcentaxe mínima de pole de breixo (Erica sp.) será do 45 %.

Hai en Galicia diversas sobremesas que teñen o mel como base, así como acompañamento de queixos, tetillas e requeixo.

Sumario

Relacionados

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía