Gastronomia de Galicia 

Mel de Galicia

 

<< volver

Calidade  e dimensións

Dimensións:

O contido dos envases destinados ao consumo directo dos meles queda establecido, con carácter xeral, en 500 g e 1000 g, podéndose autorizar outros contidos, sempre que se adecúen á lexislación vixente sobre a materia.

Calidade:

Os meles comercializados baixo o amparo da Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia" deberán levar, tras a súa certificación, a etiqueta correspondente á marca propia de cada envasador, utilizada unicamente nos meles protexidos, e unha contraetiqueta de codificación alfa-numérica con numeración correlativa, autorizada e expedida polo órgano de control, co logotipo oficial da Indicación Xeográfica Protexida.

Tanto na etiqueta comercial como na contraetiqueta figurará obrigatoriamente a mención Indicación Xeográfica Protexida "Miel de Galicia" ou "Mel de Galicia".

Sumario

Relacionados

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía