Gastronomia de Galicia 

«Lacón Gallego»

Lacon galego
 

<< volver

Historia e curiosidades

Historia:

A primeira cita verbo do lacón xorde en relación co tempo de xaxún e abstinencia en terras da nosa comunidade; así, nunha pasaxe das Constituciones Sinodales del obispado de Orense, de 1619, pódese ler: "en comer cosa de lacones y otra grosura en sábado se guarde la costumbre que hay en este obispado, la cual es de que se coma...".

No século XVII e principios do XVIII, e en relación coas condicións de vida e hábitos alimentarios do campesiñado no interior lucense, existen varias alusións ao lacón recollidas na sección de Protocolos do Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Nelas constátase que, por eses tempos, os lacóns só aparecían pendurados na despensa das clases privilexiadas, tales coma os señores fidalgos ou os curas párrocos. Avanzado o século XVIII, diversos textos confirman que os lacóns estaban sometidos a un importante tráfico comercial en Galicia.

Son moitas as obras relacionadas coa gastronomía tradicional galega nas que se cita. Destaca o libro La Cocina Práctica de Manuel Puga y Parga, alias "Picadillo", que recolle varias receitas nas que o lacón aparece como materia prima imprescindible. A súa primeira edición remóntase a 1905. Todas as obras relacionadas coa gastronomía galega que xorden a partir desta van facer unha referencia constante a ela. Entre esas obras non podemos esquecer A cociña galega, libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1973 e obra senlleira da gastronomía desta terra.

 

Sumario

Relacionados

receitas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía