Gastronomia de Galicia 

Mexillón de Galicia

Mexillón de Galicia
 

<< volver

Maridaxe

Con viños brancos frescos e afroitados: branco de D.O. Rías Baixas, ben sexa 100 % Albariño ou mestura de variedades, coma na subzona do Rosal; branco de D.O. Ribeiro, onde a variedade principal é a Treixadura; branco das D.O. Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, onde a variedade branca principal é o Godello.

Se a receita é máis sofisticada -leva salsas...-, poderiamos sofisticar tamén máis o viño e escoller un branco con crianza sobre lías ou de fermentación en barrica; mesmo un rosado, sempre dependendo do acompañamento ou gornición.

Sumario

Relacionados

Festas

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía