Gastronomia de Galicia 

«Queso Tetilla»

Queixo Tetilla
 

<< volver

Calidade e dimensións

Dimensións:

Ao termo da súa maduración o Queixo Tetilla presentará as seguintes características básicas:

Forma: cónica, cóncava-convexa.

Peso: de 0,5 a 1,5 Kg.

Dimensións: a altura será superior ao radio da base e inferior ao diámetro.

Máximo: 150 mm de altura. 150 mm de diámetro base.

Mínimo: 90 mm de altura. 90 mm de diámetro base.

Calidade:

Os queixos con Denominación de Orixe Protexida destinados ao consumo irán provistos dunha etiqueta ou contraetiqueta numerada, expedida polo Consello Regulador, que se deberá colocar nos mesmos locais ou cámaras de maduración ao remate deste proceso.

Nas etiquetas propias de cada elaborador que se utilicen nos queixos amparados figurará obrigatoriamente, de forma destacada, o nome da Denominación de Orixe. A etiquetaxe dos queixos con D.O. unicamente poderá circular e ser expedida polas queixerías e instalacións inscritas e en envases autorizados polo Consello Regulador que non prexudiquen a súa calidade e prestixio.

Sumario

Relacionados

Festas

  • Feira do Queixo de Tetilla· Friol (Lugo)· Terceiro domingo de marzo

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía