Gastronomia de Galicia 

San Simón da Costa

Queixo de San Simón da costa
 

<< volver

Historia e Curiosidades

Conta unha lenda que foron os celtas, asentados nos montes de Serra da Carba e do Xistral, os que inventaron este tipo de queixo afumado e con forma de obús, que posteriormente apreciaron moito os romanos, segundo o poeta romano Marcial.

Tamén figura entre a tradición que, na época dos romanos, o queixo era enviado a Roma polas súas especiais características de sabor e duración.

Posteriormente, foi utilizado para o pagamento de foros e décimos aos señores feudais e á Igrexa. Cando o pagamento dos foros foi abolido, aínda quedou por costume en moitas parroquias, ata ben entrado o século XX, pagar as cerimonias dos bautizos con dous queixos de San Simón da Costa.

Sumario

Relacionados

Festas

  • Festa do Queixo de San Simón da Costa· Campo da feira en Vilalba (Lugo)· Mes de abril.

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía