Gastronomia de Galicia 

San Simón da Costa

Queixo de San Simón da costa
 

<< volver

Calidade e dimensións

Calidade:

O órgano de control comprobará, especialmente e de forma periódica, as cantidades de queixo amparado pola denominación de orixe protexida que foron expedidas ao mercado por cada firma inscrita nos correspondentes rexistros, para verificar que é correcta a súa relación co volume de leite adquirido ás explotacións censadas, coas propias existencias e coas adquisicións de queixo amparado a outras firmas inscritas.

Os controis basearanse en inspeccións de ganderías e instalacións, revisión de documentación e análise físico-química e organoléptica da materia prima e dos queixos.

Todos e cada un dos queixos amparados pola Denominación de Orixe Protexida "San Simón da Costa" levarán un precinto de garantía, etiqueta ou contraetiqueta numerada, que será controlada, fornecida e expedida polo órgano de control, de acordo coas normas recollidas no Manual de calidade.

Dimensións:

Formato grande, cunha maduración mínima de 45 días, cun peso ao final da maduración de entre 0,8 e 1,5 kg, e unha altura de entre 13 e 18 cm.

Formato pequeno ou "Bufón", cunha maduración mínima de 30 días, un peso ao remate da maduración de entre 0,4 e 0,8 kg, e unha altura de entre 10 e 13 cm.

 

Sumario

Relacionados

Festas

  • Festa do Queixo de San Simón da Costa· Campo da feira en Vilalba (Lugo)· Mes de abril.

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía