Gastronomia de Galicia 

Cebreiro

Queixo do Cebreiro
 

<< volver

Historia e curiosidades

A orixe destes queixos atribúeselles aos primeiros monxes que se instalaron no poboado do Cebreiro (punto de entrada do Camiño francés en Galicia e principal vía de peregrinación a Santiago) para atender o hospital que se construíu para satisfacer as necesidades dos peregrinos. A opinión máis xeneralizada é que este hospital foi fundado a finais do século IX por san Xeraldo, conde de Aurillac, e eses monxes viñeron de Francia traendo con eles a receita deste queixo. Ao longo dos séculos  os peregrinos degustaron o queixo nas montañas do Cebreiro e dérono a coñecer por toda España, Europa e ata noutros continentes.

Os datos históricos máis antigos que se coñecen referidos ao queixo do Cebreiro son do século XVIII. Moitos deles aparecen recompilados no libro Estudios dieciochistas do autor Antonio Meijide Pardo (1995), que recolle unha extensa bibliografía do queixo do Cebreiro. Particularmente interesante é o contido do apartado titulado "Remesas de queso de O Cebreiro a la Corte de Lisboa en tiempos de Carlos III".

Sumario

Relacionados

Festas

  • Feira do Queixo do Cebreiro: en Pedrafita do Cebreiro e en Palas de Rei (no mes de abril)