Gastronomia de Galicia 

Arzúa-Ulloa

Queixo de Arzua - Ulloa
 

<< volver

Historia e curiosidades

As primeiras referencias históricas sobre a gandería en Galicia podémolas atopar no historiador grego Polibio (204-122 a. de C.), que nos fala da importancia da gandería no noroeste peninsular.

O Queixo resultaba ser daquela o produto que o labrego galego elaboraba cos excedentes do leite que non se consumía ou vendía directamente. Así, Vicente Risco, no seu libro Terra de Melide (1933) cita: "O leite consómese ou fanse queixos; máis raramente véndese". E tamén afirma: "Adoitan facerse un ou dous queixos ao día; cúranse ao aire, lávanse para lles dar cor e envólvense nun pano. Son queixos, estes da terra de Melide, verdadeiramente exquisitos".

Sumario

Relacionados

Festas

  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Queixo de Arzúa·Primeiro domingo de marzo en Arzúa (A Coruña)

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía