Gastronomia de Galicia 

Arzúa-Ulloa

Queixo de Arzua - Ulloa
 

<< volver

Cómo recoñecelo e dimensións

Dimensións:

As dimensións dos queixos amparados pola Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa son os seguintes:

Para os queixos Arzúa-Ulloa e Arzúa-Ulloa de granxa o peso oscilará entre 0,5 e 3,5 kg. O seu diámetro estará comprendido entre 100 e 260 mm e a súa altura entre 50 e 120 mm. En ningún momento a altura poderá ser superior ao radio.

Para os queixos Arzúa-Ulloa curado o peso oscilará entre 0,5 e 2 kg. O seu diámetro estará comprendido entre 120 e 200 mm e a súa altura entre 30 e 100 mm.

Zona de produción:

A zona de produción de leite e de elaboración dos queixos amparados pola Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa está constituída pola área xeográfica dos seguintes termos municipais:

- Provincia da Coruña: Arzúa, Boimorto, Pino (O), Touro, Curtis, Vilasantar, Melide, Santiso, Sobrado, Toques, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Boqueixón e Vedra.

- Provincia de Lugo: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Carballedo, Chantada, Taboada, Friol, Guntín e Portomarín.

- Provincia de Pontevedra: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces e Estrada (A).

Calidade:

O órgano de control realizará de forma periódica controis dos queixos amparados pola Denominación de Orixe Protexida. Os controis basearanse en inspeccións das ganderías e instalacións, revisión da documentación e análise físico-química e organoléptica da materia prima e dos queixos.

Todos e cada un dos queixos amparados por esta Denominación de Orixe Protexida levarán unha etiqueta propia da denominación con codificación alfa-numérica con numeración correlativa, que será controlada polo órgano de control.

Sumario

Relacionados

Festas

  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Queixo de Arzúa·Primeiro domingo de marzo en Arzúa (A Coruña)

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía