Gastronomia de Galicia 

Licor Café

Licor de Café de Galicia
 

<< volver

Historia e curiosidades

Curiosidades:

A finais do século XIX prohíbese a destilación dos bagazos para a produción de augardentes, debido a que se aceptou a idea de que a augardente tiña un compoñente tóxico que podía ser letal.

En 1911 establécese un réxime especial para Galicia, en virtude do cal, en cada campaña e nalgúns concellos, se autorizaba a destilación dos bagazos coa obriga de que, rematada a destilación, se depositase o capacete ou capuchón do aparato de destilación no concello.

Historia:

Xa no século XVII existen referencias de que os holandeses mostraron interese polos destilados que se producían en Galicia. No ano 1880 calculábase unha produción de 5000 Hl, aínda que a cifra oficialmente admitida era de 1650 Hl. No ano 1950 falábase dunha produción de 46 000 Hl, destilados por 2300 poteiros ambulantes censados oficialmente, aos que lles habería que sumar 17 000 Hl destilados en instalacións fixas.

 

sumario

Relacionados

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía