Gastronomia de Galicia 

Tenreira Galega

 

<< volver

Orixe e produción

Temporada:

Pódese atopar nos mercados en calquera época do ano.

Orixe:

A zona da reprodución e crianza do gando destinado á produción de carne apta para ser protexida pola I.X.P. está constituída pola maioría das comarcas agrarias galegas.

A área de elaboración das carnes protexidas esténdese a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Métodos de produción:

A alimentación da tenreira realízase aproveitando os pastos de Galicia, segundo as peculiaridades típicas que marcaron secularmente a produción cárnica galega.

En Galicia hai uns 3 millóns de hectáreas, das cales cerca do 12 % se dedica a pradarías e pasteiros.

Na provincia de Lugo, ademais, debe destacarse a importancia dos cultivos forraxeiros: millo, remolacha e nabo forraxeiro. Adóitase aplicar unha alimentación suplementaria a base de produtos naturais, tales coma millo, patacas, nabos, forraxes frescas ou secas, etc.