Gastronomia de Galicia 

Capón de Vilalba

 

<< volver

Historia e Curiosidades

Curiosidades:

A palabra ‘capón' deriva do grego ‘kapón' e o dicionario da Real Academia galega defíneo como "galo castrado e cebado".

Historia:

Seica foron os gregos os que "inventaron" o capón castrado, co fin cebalo, pero a alimentación dos polos non se desenvolveu economicamente ata o século XIX.

En civilizacións primitivas, os galos eran símbolos mitolóxicos pola súa capacidade de establecer unha organización xerárquica. As galiñas eran un símbolo de fecundidade pola súa facultade de poñer ovos. Por outra parte, os galos eran símbolo de erotismo e saúde polo seu característico e peculiar cortexo.

Foi Aristóteles quen escribiu na súa Historia Animalum sobre a arte da preparación do capón e a exquisitez da súa carne.

Existen referencias históricas ao capón no Arcipreste de Hita (século XIV); Don Quijote de La Mancha (ano 1615) ou La historia de la vida del Buscón llamado don Pablos (ano 1605).

Sumario

receitas

Festas

  • Feira do Capón en Vilalba· Vilalba (Lugo)· 18 de decembro

 

Información seleccionada pola Academia Galega de Gastronomía