Gastronomia de Galicia 

Camarón

camarón de Galicia
 

<< volver

Historia e curiosidades

Curiosidades:

O camarón limpador aliméntase das bacterias que se encontran na boca, branquias e mesmo ollos dalgúns peixes.

Este crustáceo é un dos mariscos que máis se cotiza nos mercados.

O alcume de José Monge Cruz, coñecido artisticamente como Camarón de la Isla, foille dado por un tío seu debido á súa delgadeza, pelo louro e pel branca, o cal, dada a súa raza xitana e na opinión do seu tío, o facían parecer un camarón.

Historia:

Segundo a publicación A pesca con nasas en Galicia, de Rafael Bañón Díaz, a primeira pesqueira de importancia que nace neste século é a de dous crustáceos: a nécora (Necora puber) e o camarón (Palaemon serratus), cunha orixe que podemos datar entre 1940-50 aproximadamente. É unha pesqueira mixta que captura as dúas especies conxuntamente ao seren ambas as dúas de hábitos nocturnos e ocuparen o mesmo hábitat.

Sumario

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía