Gastronomia de Galicia 

Camarón

camarón de Galicia
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Non existe veda para esta especie. É posible encontralo nos mercados todo o ano e con máis frecuencia entre os meses de maio e setembro.

Orixe:

A lonxa máis habitual adoita ser a da Illa de Arousa. Tamén é frecuente velo na lonxa da Coruña, na do Grove ou no mercado de Pontevedra.

Arte de pesca:

Captúrase con nasa de camarón, rastro de camarón, truel ou ganapán.

Os que se pescan mediante nasas permanecen nelas comendo no peixe que se utiliza como cebo ata que as nasas se levantan, polo que cando se cocen, adquiren certo sabor a peixe.

É por iso que os camaróns pescados con truel ou ganapán son os que se consideran de maior calidade.

Reprodución:

Presentan dimorfismo sexual, diferenciándose externamente machos e femias. A súa fecundación é interna: o macho introduce o esperma dentro do corpo da femia. As femias poñen entre 2000 e 4000 ovos unhas catro ou cinco veces ao ano, e lévanos suxeitos nos apéndices abdominais ata a súa eclosión. Nas nosas costas reprodúcense de abril a setembro.

 

Sumario

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía