Gastronomia de Galicia 

Lagostino

Langostino
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Podemos encontrar dous tipos de lagostinos durante todo o ano: o lagostino de ría, capturado pola frota de arrastre galega, máis presente nos meses de maio a xullo, e o do Gran Sol.

Orixe:

O lagostino fresco procede fundamentalmente das capturas das frotas de arrastre galegas do litoral e Gran Sol, e en menor medida, das descargas que buques portugueses e irlandeses efectúan en portos de Galicia. En conxelado, a orixe do lagostino pode ser diverso, pero debe consignarse en cada caso na etiquetaxe do envase do produto.

As principais lonxas de desembarcos de lagostinos son as lonxas da Coruña, Vigo e, con menor volume, Marín.

Arte de pesca:

Péscase con arrastre mesturado con outras especies e raramente con nasas. Esta é unha especie de gran demanda, que acada valor distinto segundo sexa do día (cor intensa e moi viva) ou pola frota do Gran Sol. Rara vez é pescado tamén con nasas.

Reprodución:

O lagostino alcanza a súa madureza sexual cando chega a uns 8 cm. A femia pon os ovos cada dous anos, pois tras o apareamento os ovos non se fecundan, senón que a femia leva os espermatozoides do macho durante certo tempo no saco seminal, preto da cavidade onde desembocan os ovidutos. Ao saíren os ovos é cando se fecundan.

Pon uns 4000 ovos de cor verde e a femia lévaos nas súas patas nove meses. Pasado este tempo saen unhas pequenas larvas, que nadarán durante dúas ou tres semanas. Despois, tras 3 mudas e cando miden de 10 a 12 mm, caen ao fondo comezando a súa vida bentónica.

  

sumario

festas

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía