Gastronomia de Galicia 

Vieira

Vieira
 

<< volver

Como recoñecela

Dimensións:

O tamaño biolóxico adoita ser como máximo de 17 cm. O máis común é que se encontre entre os 8 e 12 cm. O tamaño mínimo legal de comercialización para o Cantábrico, noroeste e Golfo de Cádiz é de 10 cm, que acada entre os 3 e 4 anos.

Como recoñecela:

É un molusco que ten as dúas "orellas" iguais e simétricas, cousa que non se dá entre outras especies parecidas.

Hai dúas especies próximas: a zamburiña (Chlamys varia) e a voadora (Aequipecten opercularis), pero distínguense notablemente da vieira, xa que o seu tamaño é menor e ademais as orellas son desiguais. Pódese distinguir a vieira galega da importada pola súa cor máis intensa con tons violáceos; a valva superior é case plana e os seus bordos ondulados non encaixan cos da valva inferior.

Calidade:

As vieiras de máis valor no mercado proceden de capturas realizadas en augas galegas coa arte do "rastro de vieira", especialmente pola frota de Cambados. Esta especie está sometida a rigorosos controis sanitarios e non se debe inxerir sen a correspondente depuración.

Presentacións:

Comercialízase fresca, conxelada ou en conserva. A conxelada pódese comercializar con ou sen valvas.

Sumario

festas

  • Festa da Vieira en Bueu (Pontevedra)· Último domingo de outubro

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía