Gastronomia de Galicia 

Polbo

Polbo
 

<< volver

Historia e curiosidades

Curiosidades:

A zona onde hai máis polbeiras e onde se di que se prepara mellor o polbo á feira é unha aldea do Carballiño chamada Arcos. Isto débese á proximidade do mosteiro de Oseira, cuns dominios que se estendían antigamente ata Marín. Dado que pescadores desta vila lle pagaban os décimos ao mosteiro con polbos, os monxes, á súa vez, pagábanlles aos campesiños do Carballiño con este cefalópodo.

A especie de polbo de maior tamaño é o polbo xigante do Pacífico Norte (Octopus dofleini), que mide entre 4 a 5 m e pesa 50 kg, aínda que algúns chegan a medir case dez metros e pesar máis de 200 kg. Vive nas profundidades fronte á costa canadense do Pacífico. En xullo de 2003 foi encontrado nas costas de Chile un estraño exemplar de máis de 12 m.

 

Sumario

receitas

festas

  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Polbo do Carballiño (Ourense)· segundo domingo de agosto.
  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Polbo en Mugardos (A Coruña)· mediados de xullo. 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía