Gastronomia de Galicia 

Polbo

Polbo
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Non existe veda para esta especie. Podémolo encontrar nos mercados en calquera época do ano, tanto fresco coma conxelado.

Orixe:

As lonxas máis importantes en poxa de polbo común son as de Vigo, á que lle seguen a de Sada, Bueu, A Coruña, Burela, Muros, Malpica, Fisterra, Cedeira e Corcubión.

Arte de pesca:

Con nasas, palangres, raña, etc. Tamén ao arrastre.

Reprodución:

En inverno os polbos comezan a se achegar á costa para realizaren a reprodución, e permanecen no litoral ata a primavera. Reprodúcense sexualmente e a femia deixa de se alimentar despois da posta, polo que morre tras a eclosión dos ovos. A fecundación realízase dentro da cavidade paleal da femia, na que ela introduce os espermatóforos do macho, valéndose do brazo hectocótilo.

A femia fixa os ovos ás rochas, envoltos nunhas cápsulas ovaladas e formando feixes. Unha femia pode poñer ata 180 000 ovos en tan só dúas semanas.

 
Taco de pulpo prensado a la gallega

Sumario

receitas

festas

  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Polbo do Carballiño (Ourense)· segundo domingo de agosto.
  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Polbo en Mugardos (A Coruña)· mediados de xullo. 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía