Gastronomia de Galicia 

Polbo

Polbo
 

<< volver

De interese

Usos culinarios:

Antes de nada lávase ben para lle quitar a sucidade que poida ter nas ventosas. Prepárase un cazo con abundante auga (sen sal) e ponse a ferver. Cando rompa o fervor a cachón cóllese o polbo pola cabeza e, sen soltalo, métese e sácase tres veces na auga fervendo, para evitar que ao cocer lle caian as ventosas. Despois de sacalo tres veces déixase caer na auga e cócese. O tempo de cocción para os polbos galegos non supera os 40-45 minutos, segundo o seu tamaño ou peso.

O polbo galego ten un característico sabor salgado ou a marisco. O resto dos polbos adoitan ter un gusto máis doce.

Un dos pratos máis importantes da nosa cociña é o polbo á feira, aínda que tamén se prepara en guiso en Mugardos e á maneira da Illa de Ons, sen nos esquecer das ricas empanadas que se fan con este cefalópodo, ou mesmo cunhas fabas de Lourenzá.

 

Información nutricional (por 100 g)

 

Sumario

receitas

festas

  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Polbo do Carballiño (Ourense)· segundo domingo de agosto.
  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Polbo en Mugardos (A Coruña)· mediados de xullo. 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía