Gastronomia de Galicia 

Polbo

Polbo
 

<< volver

Como recoñecelo

Dimensións:

Aínda que pode chegar a medir ata 1 m de lonxitude, xeralmente non pasa de 60-80 cm.

Como recoñecelo:

O polbo que atopamos no mercado galego procede das nosas costas ou ben de importacións do banco canario-sahariano e de México. Neste último caso, a súa presentación é conxelada sempre, aínda que ultimamente están a chegar ás nosas lonxas partidas de polbo marroquí en fresco.

Existen outras especies de polbo nas nosas costas coma o cabezón (Eledone cirrosa), que se diferencia do común en que ten unha única ringleira de ventosas, unha cabeza de gran tamaño e uns tentáculos máis pequenos. Utilízase fundamentalmente para a conserva.

Outra especie é o polbo branco manchado (Octopus macropus). Posúe tentáculos longos en relación co corpo. Habita no Mediterráneo.

Presentacións:

Comercialízase fresco. Cando ten brillo e cores vivas é seguro que se trata de polbo galego. Tamén podemos encontralo conxelado e en conserva.

Sumario

receitas

festas

  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Polbo do Carballiño (Ourense)· segundo domingo de agosto.
  • Festa Gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa do Polbo en Mugardos (A Coruña)· mediados de xullo. 

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía