Gastronomia de Galicia 

Percebe

Percebe
 
<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Esta especie non ten veda. Pódese encontrar nos mercados durante todo o ano.

Orixe:

En Galicia temos dúas zonas de elevada produción: unha vai dende o cabo de Fisterra ata aproximadamente a costa de Camelle; a outra vai dende o cabo Prior ao cabo Ortegal. Tamén existen outras zonas densamente poboadas en puntos illados como Estaca de Bares, Illas Cíes, Illa de Ons, etc.

A demanda no noso mercado do percebe supera amplamente a produción, polo que hai que importalo doutros países como Portugal, Marrocos ou Canadá, onde non é considerado como marisco apetecible.

Arte de pesca:

A arte utilizada para a recollida do percebe é a rasqueta con mango longo, á que ás veces lle engaden un saco para recoller as piñas de percebes desprendidas. O mariscador pode realizar o seu labor directamente sobre a rocha ou dende un bote, cando o lugar non permite o desembarco.

O acceso dos mariscadores ás poboacións intermareais só é posible durante a baixamar, cando as condicións o permiten. Durante o inverno, nas nosas costas poucas veces se presentan estes dous factores. Malia isto, e debido ao grande aliciente que representa o alto prezo que alcanza nos mercados, os mariscadores arriscan as súas vidas realizando esta actividade.

Reprodución:

Na fecundación o percebe que funciona como femia transporta os óvulos producidos no ovario a unha bolsa chamada ovisaco, que se encontra na uña. Comeza daquela o período de incubación, que dura aproximadamente un mes ata a eclosión do ovisaco e dos ovos, cando saen as larvas de percebe ao mar. Estas larvas, moi distintas dos adultos, viven nadando na auga ata colleren forma. Cando aparecen as glándulas de cemento nas larvas, estas deixan de nadar, apegándose preferentemente ao pé dun adulto.

Hai dúas épocas reprodutivas: a primeira, nos meses de febreiro, marzo e a principios de abril, na que se reproducen entre o 10% e o 20% dos exemplares adultos. A segunda, que é a máis importante, comeza ao principio do verán e remata a finais de outubro, participando nela todos os adultos.

Sumario

Festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia: Festa de Exaltación do Marisco · O Grove (Pontevedra) · Segundo domingo de outubro
  • Festa do Percebe de O Roncudo en Corme (A Coruña), primeiro ou segundo sábado de xullo
  • Festa do Percebe en Cedeira (A Coruña), último fin de semana de xullo

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía