Gastronomia de Galicia 

Ostras

Ostras
 

<< volver

Historia e curiosidades

Curiosidades:

Como detalle significativo, hai que destacar que ao longo da súa vida posúe sexo masculino e feminino de forma alterna. Isto chámase hermafroditismo non simultáneo.

Á utilidade da ostra como alimento hai que lle engadir o seu cultivo para outro fin moi concreto: entre o manto e a cuncha destes bivalvos pódense atopar perlas, que están formadas por capas concéntricas de cristais cálcicos unidos por materia orgánica. Hai perlas naturais, que proveñen de ostras perlíferas que se atopan no océano Índico e no Pacífico, pero as máis habituais son as perlas cultivadas, que se obteñen mediante a inserción dunha bóla de nácara, arredor da cal a ostra segrega capas perlíferas.

A ostra consómese en ocasións para aliviar a resaca posterior a unha noite de esmorga.

En Vigo existe, no mercado da Pedra, unha famosa rúa destinada á venda de ostras.

Historia:

O seu consumo data de tempos prehistóricos e a razón quizais haxa que buscala na relativa facilidade con que se capturaba esta especie propia do litoral, da beira dos mares. Ademais, non só eran apreciadas como alimento senón que as súas cunchas se utilizaban para a realización de cortes precisos, entre outros de pelo.

Foron os romanos os que popularizaron o seu consumo, como prato de representación, e os que iniciaron as técnicas para a cría de ostras, a ostricultura, debido á alta fecundidade que presentan estes moluscos, que poden chegar a producir millóns de ovos.

Sumario

receitas

festas

  • Festa gastronómica de interese turístico de Galicia: Festa da Ostra de Arcade (Soutomaior-Pontevedra) · primeiro fin de semana de abril

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía