Gastronomia de Galicia 

Ostras

Ostras
 

<< volver

Orixe e pesca

Tempada:

Está en veda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto.

Orixe:

As lonxas que máis ostra plana comercializan son as de Bueu e Noia. En Arcade localízanse un bo número de produtores.

Arte de pesca:

A semente obtense en viveiros (instalacións na terra onde se tratan as ostras para inducir a posta) e da captación no medio natural con colectores. Esta semente colócase en cestas que se penduran das cordas das bateas ata o tamaño de inicio de engorde (4-5 cm).

O engorde realízase na batea seguindo o sistema tradicional, que consiste na fixación con cemento rápido das ostras ás cordas en grupos de 2 ou 3 unidades.

Aínda que apenas existen, en bancos naturais realízase cun angazo dende unha embarcación.

Sumario

receitas

festas

  • Festa gastronómica de interese turístico de Galicia: Festa da Ostra de Arcade (Soutomaior-Pontevedra) · primeiro fin de semana de abril

 

Publicacións seleccionadas pola Academia Galega da Gastronomía